5 de Agosto 2004
SALVA
Este é un dos múltiples traballos do ceramista Salva Hernández de A Coruña e, anque a foto non lle faga xustiza, da para apreciar a cualidade, precisión e cariño con que están feitas as súas pezas, cousa que non é de extrañar visto o seu talento e a súa experiencia de máis de 20 anos coas mans na arxila. A pesares disto non é moito coñecido, debe-se a que non é dado a publicitarse. Construie non só as pezas de barro senón todas as ferramentas necesarias e podería ser un escultor de prestigio se quixese, porque ningún material lle é extraño as súas mans de ourive. Cando poda farei unha farta de fotos para vos mostrar máis e mellor. Unha aperta Salva.
Escrito por Xisbe a las 5 de Agosto 2004 a las 11:16 PM
Non sei vos pero eu quedei coas ganas de ver a foto.
Eu podo ve-la, terei que facer o archivo máis pequeno. Sintoo