30 de Junio 2004

FERRIN

Coñecino persoalmente a finais dos anos 70 cando viña ver unha moza que tiña na universidade, cautivando-me de entrada pola súa fala seductora e os seus coñecimentos enciclopédicos. O meu grupo agardaba polo fin de semana como se pode esperar pola chuva nas secas, pasabamos horas e horas de cháchara e copas. Neses tempos tan politizados, as conversas xiraban máis sobre literatura e política que sobre calquer outro tema, debido a que a maior parte de nós era de filoloxía e militantes nacionalistas. Despois da universidade perdín caseque todo o contacto con ele excepto a lectura dos seus libros, unha mágoa.
Teño saudades de aquelas noites, é unha persoa admirable. Deixo aquí unha poesía que atopei en epdlp, onde fala da nosa terra.
Coa cantidade de fotos que fixen naquelas datas e nunca lle fixen unha.

Xose Luis Méndez Ferrín (Ourense, 1938) Quevedo, de Poesía enteira de Heriberto Bens " Terra de proseguir e non dar nada, despaciosa Galicia que nos levas acochados en tí!. Lento veleno que pon nos ollos unha cousa verde!.

Língoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devecendo e sendo nada.

Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.

Quero decir teu nome e digo dorna
valeira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoitarme. "

Escrito por Xisbe a las 30 de Junio 2004 a las 05:57 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?