Como xa tomamos o 'pequeno almoço' agora toca 'almoçar', que tal uma 'açorda' de marisco para comenzar,continuar con unhas 'papas de sarrabulho' e rematar con unhas 'babas de camelo'.
Dentro da gastronomía popular portuguesa, aparte de bacallau de mil maneiras e os 'grelhados' e 'enchidos', ha pratos como a 'cabidela'(arroz de cabidela é arroz,frango e o sangue do frango para comer con culler), a 'chispalhada'( pes de porco cocido acompañados de verdura e 'feijão frade'), os 'nacos'( anacos de carne asada), as 'migas'(parecidas ás españolas pero acompañadas de feijão),a açorda(é unha especie de miga de pan cocida ate facer papa, acompañadas de peixe ou marisco) as papas de sarrabulho(distintas carnes de porco, galinha,.. xamón, chourizo e o conseguinte sangue de porco) que é un plato do tempo da matanza, e tantos e tantos outros que si estades interesados no tema facemos máis posts. Xa me esquecía da 'sobremesa', fica para outro día excepto a 'baba de camelo' que é unha especie de natillas.
Os portugueses pensan que a súa cociña é unha das millores do mundo, depende do gosto de cada un, non si?. Bon proveito