30 de Julio 2004

SPIRANTHES

Spiranthes spiralis.jpg
Planta que pertence ás orquídeas e que se pode atopar en Galicia. Esta é a S.Spiralis, pequena(até 30 cm.), as flores saen do tallo en forma helicoidal. Hai outra a S. Aestivalis, que non atopamos aínda, moi parecida de forma e tamaño, só se distingue, polo que di M.García Rollán, na cor da base do labelo(pétalo inferior).
Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 30 de Julio 2004 a las 12:20 AM
Comentarios

...ei! mira que teño xogado de cativo a estourar esas flores... de maior entérome de que son venenosas (ou será lenda urbana?)...

Escrito por dorfun a las 30 de Julio 2004 a las 01:04 PM

Non sei se serán ben estas as que estoirabas, nao ha moitas, son pequeniñas, e non teño información de que sexan venenosas.Espero máis datos

Escrito por Xisbe a las 30 de Julio 2004 a las 03:33 PM

...pois non sei, son rosas-fucsia coas puntas máis claras... non che podo dar moitos máis datos, pero penso que son as típicas que saen por aí... vamos, eu non vin outras semellantes máis que esas :P

Escrito por dorfun a las 30 de Julio 2004 a las 11:18 PM

En realidade son brancas,ou case, cunha textura como de mármore, moi pequenas e de aspecto delicado e a diferencia máis clara coa S. aestivalis son as follas, que no caso da que nos ocupa son máis anchas.
A S. aestivalis está agora en flor no lugar que coñecemos.

Escrito por Anonymous a las 30 de Julio 2004 a las 11:39 PM

En realidade son brancas,ou case, cunha textura como de mármore, moi pequenas e de aspecto delicado e a diferencia máis clara coa S. aestivalis son as follas, que no caso da que nos ocupa son máis anchas.
A S. aestivalis está agora en flor no lugar que

Escrito por canteiro a las 30 de Julio 2004 a las 11:41 PM

Esas son de maior tamaño, penso que digitalis purpurea(estalote,sanxoan, dedaleira...), nesta a flor e moi pequena, máis do que a unlla do dedo mendiño e non da para estalar. As flores son brancas e o pétalo inferior ten cor amarela na base. Non hai moita e polo tamaño pasa desapercibida, só se atopa en prados húmidos, monte baixo..

Escrito por Xisbe a las 30 de Julio 2004 a las 11:47 PM

Penso que falas da 'digitalis purpurea'(estalote,dedaleira,sanxoan...),esta ten unha flor de cor branca tan pequena que non da para estalar, hai pouca e se atopa nos prados húmidos, monte baixo...

Escrito por Xisbe a las 31 de Julio 2004 a las 12:00 AM

No primeiro comentario deume erro e por eso a repetín, pido disculpas. Non hai como a voz dos entendidos, gracias Canteiro.

Escrito por Xisbe a las 31 de Julio 2004 a las 12:03 AM

...pois si, era a digitalis, o meu biologo-asesor confirmoumo...

Escrito por dorfun a las 4 de Agosto 2004 a las 02:18 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?