O outro día o amigo Dorfun pensaba que a Spirantes era venenosa, non o sei, esta que poño hoxe, Ricinus communis, si que o é, e moito. As suas sementes poden matar, dise que 3/4 son suficientes para un neno.
É común en moitos xardíns de Coimbra.
Por outra banda todos coñecemos a sua aplicación como aceite. Xa se sabe: veneno que mata tamén pode curar, só depende de a dose.
Escrito por Xisbe a las 4 de Agosto 2004 a las 01:46 AM
Veneno que mata tamén pode curar, só depende do aprecio que lle teñas a vida.
Escrito por dorvisou a las 4 de Agosto 2004 a las 01:09 PM...ei! que non quero alarmar á poboación!!!...a planta que dicía eu, era a digitalis purpurea e hai que tomar unha enchenta para que che pase algo!
Escrito por dorfun a las 4 de Agosto 2004 a las 02:18 PMDorvisou, digamos que entre uso e abuso hai a suficiente diferencia.
Nin tanto Dorfun, a digitalis( penso que a D. Lanata máis) é de onde se extrae a digoxina e outras substancias similares, que actuan como cardiotónico e antiarrítmico. Pode ter o seu perigo.