15 de Agosto 2004

On the road

Ap08 c.jpg
Estou a ter problemas con Zonalibre, levo dous días sen mandar un post por problemas no servidor e non é a primeira vez. Entre isto e as amenazas veladas de migración ou non sei que raios, estou pensando en irme, non me importaría pagar unha cantidade módica, sempre e cando non fose por internet a través de tarxeta. ¿Sabedes de algún?. ¿Hai algún recomendable, sexa de pago ou non.

Estrada de Mariz

Escrito por Xisbe a las 15 de Agosto 2004 a las 11:33 PM
Comentarios

pois hai varias opcións, se o que queres é ter o teu propio CMS (Movable Type, Wordpress,...) en f20.org ou miarroba.com ofrecen espacio de balde con servicios de PHP e mySQl
se todo isto che soa a chino, e non che apetece comerte moito o tarro, tes os servicios de blogspot.com, blogia.com, ...
se tal mándame un correo, se queres mais detalles

Escrito por dorfun a las 16 de Agosto 2004 a las 03:08 PM

Os torpes informáticos coma min, estamos moi agradecidos a Roberto Abizanda polas facilidades que nos da en blogia.
O maior problema de blogia é que só che permite 20k por foto tendo que reducir a moito a calidade.

Escrito por dorvisou a las 17 de Agosto 2004 a las 12:51 AM

MovableType está ben porque me parece sinxelo(se cadra é o costume), tentei con Blogger pero non sabía subir fotos, non sei que facer. Gostaría non depender de servidores e demáis pero eu non sei de informática para chegar a iso.

Escrito por Xisbe a las 17 de Agosto 2004 a las 01:18 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?