19 de Septiembre 2004

Miseria

k010.jpg Que hai moita miseria no mundo e que moita xente está interesada en que persista non é noticia. Cecais deberíamos ollar máis para o que acontece á nosa volta e tentar remedia-lo adoptando unha postura máis activa e non repartir esmola polo mundo adiante para cala-las nosas conciencias coa caridade cristiá, que non fai máis que perpetuar a situación. Entendo que se trata de axudar aos outros para que atinxan níveis de autosuficiencia e coñecimento suficiente para solventar os seus problemas, aínda que poda comprender que en situacións ou momentos puntuais poda ser precisa axuda de primeira necesidade. Pero clama ao ceo que os países poderosos entendan que a situación de Iraq precisa de intervención até o punto de invadi-lo e a situación de Sudán non mereza unha actuación inmediata. A menina da foto non está a xogar con caixas de zapatos, é que non ten calzado que poñer.
Escrito por Xisbe a las 19 de Septiembre 2004 a las 08:38 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?