27 de Septiembre 2004

Boas Noticias

Smerinthus ocellata

Smerinthus ocellata.jpg

plaxio

plaxio.jpg

Esta tarde demos unha volta pola carballeira de Sobrado dos Monxes coa intención de fotografar algún cogomelo, pero a terra está tan seca que o pouco que había está completamente rechumido ( apenas algunha Russula e algunha Amanita). Como o verán se prolonge moito máis, vai ser mal ano para os afeccioados á micoloxía. Estas fotos non son dos últimos días, máis aproveitando a discusión sobre o suposto roubo (eu non o creo tampouco)das imaxes da revista, ¿qué vos parece esta eiruga (descoñezo o seu nome) que toma prestada a "vestimenta" da Smerinthus ocellata ou esfinxe ocelada? Da primeira, que segundo a bibliografía aliméntase nas rosaceas, pero nós observamos caseque sempre nos salgueiros, xurde unha bonita bolboreta nocturna da familia das Sphingidae por mor desa maravilla da natureza que é a metamorfose. Neste caso tamén me parce lícito o uso da misma imaxe...

Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 27 de Septiembre 2004 a las 12:28 AM
Comentarios

...esta é a proba manifesta de que os animáis, tamén parodian, imitan, copian,... o cal tamén sirve para xustificarnos, non?... a mín váleme!

Escrito por dorfun a las 27 de Septiembre 2004 a las 11:25 AM

Non dorfun, é o home quen está a copiar sempre da natureza.
Xisbe, pareceme moi ben que se convirtan en volvoretas pero non a conta das minhas plantas. Non vexas como limpan as follas. Eu non sei se será pekado pero cada vez que collo unha machacoa viva. Tampouco lla vou botar no xardín do veciño, non?

Escrito por dorvisou a las 28 de Septiembre 2004 a las 03:34 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?