La Refundación galleguista
Via La Voz de Galicia entérome de que Manuel Soto, ex-alcalde de Vigo, ex-socialista e ex tantas cousas pode ser o novo secretario xeral do refundado PG que se reune o 13/11/2004 en Pontevedra. Non é de fiar alguen tan personalista e populista como o Compañeiro, desubicado desde ha tanto tempo, e con un culto narcisista que non se pode esperar nada bon del. O único que pode estar interesado na xugada é o PP, en situación delicada, porque pode esperar que votantes nacionalistas e socialistas se decanten polos 'galeguistas'. En definitiva, non espero que fagan esto con idea de servir a Galicia senon os propios intereses personais, nada novo. É decir, outra vaca no maínzo.
...vaia! pois dende as antípodas, o concello de narón, con goberno maioritario "independente" (unidade por narón) ven de declarar que formarán parte do novo PG...
...e coincido contigo, o alcalde Xoan Gato, é unha especie de edición de peto de Paco Vazquez, gañándose á plebe con polígonos e centros comerciais, a cambio de licitacións non excesivamente claras...
...era o que nos faltaba, un partido nacionalista que actúa cos ideais doutros partidos...
...ó mellor era necesario...
Escrito por dorfun a las 8 de Noviembre 2004 a las 12:42 PMSempre pensei que non nos viría mal ter un partido galeguista forte, de centro, ao estilo do catalán. Pero se cadra teñen razón os do BNG, non temos base social nin tampouco a personalidade aglutinadora necesaria. Non coincide coas miñas ideas políticas pero creo que si vai ben coas necesidades do país. Coalición Galega era un conglomerado de intereses persoais, que como se demostrou, estaban máis perto do PP que de outra cousa. Unha nova CG aparecerá cando o PP perda a Fraga pero será do mesmo tipo da anterior ou máis á dereita aínda.
Escrito por xisbe a las 8 de Noviembre 2004 a las 04:17 PMEu non sei se na política a experiencia vale para algo. Estos xa teñen unha pouca.
¿Non sería mellor ver caras máis novas?
¿que pasa coa nosa xuventude? ¿non lles preocupa o seu futuro?
Considero a experiencia en política como moi importante anque non viría mal un pouco de ar fresco. Por outro lado non é a xuventude, e a case todo o pobo, que non lle interesa o compromiso e quere millor deixa-lo nas mans de 'profesionales', iso si, facendo crítica a berros nos bares pero sendo incapaz de deci-lo onde corresponda. A dereita quérenos facer ver que a política é unha cousa porca que é millor deixa-la nas suas mans, con un único interese, preservar o poder. Parafraseando a Castelao:'Mexan por nós e decimos, ¡que ben sabe!'
Escrito por xisbe a las 10 de Noviembre 2004 a las 12:09 AM