Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.
2 de Diciembre 2004
Gigapxl Project
Gigapxl Project é un proxecto para compilar a curto prazo un retrato da costa Oeste norteamericana, as suas cidades, monumentos, e a longo prazo facer un arquivo mundial, coa particularidade de face-lo con unha resolución inusitada. Coa axuda dunha cámara de gran formato e a exploración dixital. Eles chegan a comparar a imaxen producida como a de un arquivo de 600 cámaras dixitais xuntas.
Podedes ver unha mostra da ampliacións neste link: b . Os recuadros en vermello representan as sucesivas ampliacións.
Escrito por Xisbe a las 2 de Diciembre 2004 a las 05:59 PM