Estamos nestas datas de Santo Consumo e calquera pode pensar en mercar unha cámara dixital. Ata eu( espero que non lea isto Jmeijon) estou coa idea, por aquilo da inmediatez de descarregar no computador a foto recén feita. Despois de dar unha vista de ollos polo redor, o millor artigo que atopei é este de Christian F. Leal Reyes en Mouse Digital, unha revista colombiana sobre internet, sociedade e tecnoloxías. Con todo eu aínda non fun capaz de tomar unha decisión.
Escrito por Xisbe a las 18 de Diciembre 2004 a las 09:27 PMbueno, bueno... eu non descartaría unah reflex dixital, tipo Nikon D7, por aquilo de seguir a darlle uso ós obxectivos da analóxica.
Despois de todo as novas tecnoloxías non deben ser tan malas.
Saúdos desde San Cibrao estreando conexión
...non te preocupes, escollas a que escollas, nunca estarás conforme ;P
Escrito por dorfun a las 21 de Diciembre 2004 a las 02:26 PMCando alguén me pide que lle recomende un viño sempre lle digo que hai que escomenzar por falar de cartos.
Eu decidinme por esa nikon D70 da que nos fala canteiro. Probei unha canon EOS D10 e gustoume moito pero o presuposto que teño, quédame curto para ela. O maior problema está nos obxetivos, os que mellor calidade che poden ofrecer son carísimos.
Tamén é certo que no mundo das compactas hai cousas moi interesantes.
Un saúdo a todos.
Que capitalistas!, réflex dixital!!!
Unha FUJI 510 e chégalle moito, total para quen a vai usar... Mais, obrigado pelas vosas dicas.