¿ Que ocurriría se nas eleccións portuguesas, ou en calquer outras, os partidos contasen con os mesmos medios para facer a propaganda?
Se dunha democracia se trata parece lóxico que así sexa. ¿Son entón antidemocráticas as eleccións?
¿Non sería máis lóxico que, cando menos os partidos presentes na Assambleia da República, teñan os mesmos dereitos?
A propia coaligación no goberno, e máis aínda o PSD, ten unha presencia nos medios públicos de comunicación( RTP ) tres veces maior en minutos e noticias que os do PS( Santana Lopes versus José Sócrates ), máis ainda no caso do PSD versus BE ou PSD versus CDU ( fonte Marcelo Rebelo de Sousa( PSD ) no Diário Económico de 25/01/2005 ). Isto sen falar da manipulación informativa que pode haber nos noticiarios, cando o propio Marcelo saiu da TVI, segundo algúns, por ser crítico coa política do Goberno e con Santana en particular, facto nunca aclarado polo interesado ou pola Autoridade da Comunicación Social.
Dado que as clases representadas polo partido no goberno son as donas dos medios de comunicación privados o desequilibrio é aínda maior. Ou tamén en base ao diñeiro disponível para a campaña, maior nas clases representadas polo PSD-CDS/PP.
Por outra banda no mesmo artigo, D. Marcelo salienta a pouca atención que os portugueses revelan pola política e os políticos, algo do que sempre ouvín decir que favorece máis á dereita ou cando menos ao partido no goberno.
A democracia non está en bragas pero está mal vestida e só polos diseñadores máis caros por moito que pareza pobre.
Destaco entre os blogues portugueses a aportación de Troll Urbano que nun post do día de onte fala dunha nova palabra para o diccionario portugués: SANTANICE, con o significado de