Aínda hoxe no traballo duns estudantes portugueses lin que o pobo vasco é o máis antigo de Europa, calculaban que existía desde fai 18.000 anos. Non entraba Navarra máis si as tres provincias vascofrancesas, falaban da antigüedade do idioma e das consabidas diferencias xenéticas (o famoso Rh negativo do que falaba Arzalluz e da escaseza do grupo sanguíneo B). Traio este comentario a colación como información de quen non é parte do conflicto, nin vasco nin español onde as posturas políticas están tan radicalizadas.
Ven esta introducción a conto do debate no Parlamento Español do Plan de Ibarretxe, coas posturas monolíticas de ambas partes e sen saber aproveitar a ocasión de acabar dunha vez por todas con a actitude cerril que manteñen( violencia duns e aproveitamento solapado dela por parte dos nacionalistas vascos e manipulación informativa e política dos nacionalistas españois), porque non hai máis que un camiño posible que é a negociación.
Cando en Portugal me din español sempre os corrixo decindo que son galego, a resposta do portugués é unha pregunta:¿ Não é o mesmo?. Para min non, o meu sentimento é ser galego, con iso me identifico, con un pobo que os outros pobos achan diferente, non ten nada a ver con nacións , independencia nin política, é un sentimento. Digo o de independencia porque 20-30 anos atrás era independentista e hoxe só teño claro que o único que pretendo é que outros non nos gobernen, que tomen decisións sen contar connosco, así sexa isto autonomía, parte de estado federal ou confederal ou parte dunha comunidade maior europea.
Dito isto, entendo porque os vascos queren un maior grado de autogoberno, por min pódense independizar, é algo que só lles compete a eles e alá se entendan co tipo de ligazón que queren manter co resto da península, teñen dereito á autodeterminación, negarlle-lo é ir contra os dereitos dos pobos. É unha cuestión de convivencia.
¿Quen debe votar? Os vascos, entendendo por tais aqueles que se sinten vascos ou todos os que non sendo-o de nacimento estean empadroados alí.