7 de Febrero 2005

Eleccións portuguesas VII

Jerónimo de Sousa(PCP-PEV) e José Sócrates falaron contra a entrada da Igrexa na campaña electoral despois de que un párroco(Padre Loreno da Igreja de São João de Brito na homilia de onte que foi transmitida pela emisora de radio estatal Antena 1), pedise para rexeitar aqueles que están a favor do aborto, dereitos dos homosexuais e eutanasia.
Xenial o humor gráfico de Antonio no semanario Expresso desta semana.

santanete.jpg

Aparece Santana Lopes de pavo real coa sua cola de coiteladas as costas que lle levan dado membros do seu partido e a sua actuación durante o escaso goberno.
A TVI (TeleVisão Independente, que ironía) debe dar por perdidas estas eleccións, senon non se explica, que na páxina principal, digan que Aníbal Cavaco Silva (ex-primeiro ministro do PSD), está a frente nas preferencias dos portugueses como candidato a Presidente da República. Isto cando non se coñecen aínda os candidatos. Algo parecido debe pensar o PCP que anunciou a Carlos Carvalhas (ex-secretario xeral) como candidato.

Escrito por Xisbe a las 7 de Febrero 2005 a las 04:37 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?