9 de Febrero 2005

Eleccións portuguesas X

O Semanário Económico de 04/02/2005 , mostra os resultados dunha enquisa sobre o que pensan os portugueses da situación económica, con uns resultados demoledores para a coaligación PSD-CDS/PP. Dous tercios dos enquisados dicen estar menos confiantes, consideran que o desemprego e a crise económica son os maiores problemas do país e bastante máis da mitade pensa que a ploítica económica do Goberno é mala ou moito mala.

conf3.jpg
Se isto corresponde á realidade nada ou moi pouco vai facer o PSD nestas eleccións. Hai que ter en conta que a enquisa foi feita a 500 persoas das áreas da Grande Lisboa e Grande Porto e a través de teléfono. Non me parece suficientemente representativa , por moito que representen estas áreas a perto do 50% da poboación.
Salientar noutro aspecto, que o PS, CDS e o PSD continuan a manter nos seus programas a proposta de xestión público-privada na saúde, mentras que PCP-PEV(CDU) e Bloco rexeita-nas. Garantir médico e enfermeiro de familia e dinamizar o mercado dos medicamentos xenéricos son outras das promesas de todos os partidos.

Escrito por Xisbe a las 9 de Febrero 2005 a las 04:04 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?