14 de Febrero 2005

Eleccións portuguesas XV

A morte onte da Irmã Lúcia, a pastorciña vidente de Fátima, trastornou o decorrer da campaña das eleccións portuguesas. PSD e CDS-PP cancelaron os seus actos durante os dous días de luto. O PS limitouse acancelar un acto e non sei se fará o mesmo.
O constitucionalista Vidal Moreira, que escrebe no blog http://causa-nossa.blogspot.com/" target="_blank">causa nossa; o presidente da conferencia episcopal para as migrações, D. Januário Torgal Ferreira, na emisora de radio TSF; o bispo resignatário de Setúbal, D. Manuel Martins; o eurodioutado do PSD, José Pacheco Pereira; o dirixente d Bloco de Esquerdas, Daniel Arruda; o blog de esquerdas; critícanos duramente.
Aquí se pode ver a forza que a relixión católica ten aínda neste país, pedindo o voto nas homilias para os seus partidos afíns, falando agora de oportunismo político (a min tamén mo parece). Pero, ¿que farían se non se decretase o luto?. Penso que criticarían na mesma. Como di Daniel Arruda no título do seu post:

Portugal não é um Estado Laico?

Vede tamén Barnabé, renas e veados, blogue de esquerdas, ou algúns dos comentarios destes blogs(vistos en Troll Urbano)
Vamos a outra cousa que a min esta da relixión nunca me cheirou ben.
No Diario Digital leo:
Compromisso Portugal elege seis indicadores para aferir evolução do País

E alá vou eu saber que pasa con eles, os fundadores son: António Mexia, Filipe Boutton, Diogo Vaz Guedes e António Carrapatoso, aos que se adheriron perto de 500 "personalidades" (as comillas son miñas),quen son eles . O 10/02/05 tiveron unha reunión na que se trataba de instalar um novo modelo económico e de desenrolo para Portugal (Semiramis). Segundo o citado Diário Digital, propoñen ao novo Goberno unha serie de indicadores que deberían orientar a sua política economica: A reforma da administración pública, a necesidade de millores servicios con menos gastos, a promoción de unha sá competencia nos mercados e unha maior celeridade na Xusticia.
Segundo os promotores do movimento, um próximo Governo deverá definir os seus objectivos de desenvolvimento estrutural do País em função de seis critérios de avaliação: evolução do PIB per capita em relação à média da União Europeia (69,4% em 2003); índices de abandono escolar; peso das exportações no PIB (30% em 2003); produtividade do trabalho (63,8% da média europeia em 2003); investimento empresarial e público em I&D (0,84% do PIB em 2002); despesa pública total em relação ao PIB (48% em 2004).
Como moitos sabedes a economía non é o meu, polo que teño que guiarme polas opinións de outros para dar unha idea do que isto pode ser. Non coñezo ben quen son pero si sei que están relacionados con algunhas das empresas importantes de Portugal. Sexa con estes ou sin estes, Portugal está precisando de sair a flote dunha vez, non merece tan pouco peso como ten agora.
Sei que é un post farragoso é incompleto, espero cando menos que as ligazóns vos axuden a clarexar alguns puntos anque non penso que moitos vos queirades perder no medio desta xentiña. Que non se vos atragante.

Escrito por Xisbe a las 14 de Febrero 2005 a las 08:36 PM
Comentarios

Olá, xisbe. Já coloquei uam "posta" no Troll-Urbano com link para o teu blog.
Gostei de saber que se preocupam com Portugal e que seguem o que se passa por cá.
Um grande abraço
Daniel

Escrito por Daniel Arruda a las 14 de Febrero 2005 a las 10:31 PM

Ja estou em Portugal desde ha 4 anos, moro em Coimbra, e sou, como din os meus amigos portugueses, portugalego. Tento dar uma visão do que se está a passar aquí. Obrigado pela visita e bem-vindo.

Escrito por xisbe a las 15 de Febrero 2005 a las 12:27 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?