16 de Febrero 2005

Eleccións portuguesas XVI

Ha un outro partido que se presenta ás eleccións, creo que por primeira vez debido a sua xuventude, é o PND (partido Nova Democracia), do ex-presidente do CDS-PP, Manuel Monteiro. Este partido, surxiu depois dos desencontros entre o seu presidente e Paulo Portas, é de dereitas e por suposto liberal, como ben se pode ver pola necesidade que teñen de por democracia no seu nome. É curioso, pero os partidos de dereita sempre teñen esta palabra na boca porque non a dan tragado, polo menos na península. En burrices de jumento, blog de extractos das noticias dos xornais, pode-se ver un extracto do seu programa para as lexislativas . Entre outras cousas recollen unha entrevista e Diário de Noticias a António Vitorino, posíbel Ministro das Finanzas no caso de gañar o PS, aínda que ha quen diga que está un pouco reticente. Otra noticia, do Jornal de Noticias, é o desencontro nas ruas de Santarém do antes citado Manuel Monteiro e Francisco Louçá, este parece que non quería saber nada.

Escrito por Xisbe a las 16 de Febrero 2005 a las 10:20 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?