Resultados das eleccións portuguesas
Os portugueses decidiron mudar de aspecto político e abrazan aos socialistas para que os saquen do pozo, sin que estes dixeran cómo o van fazer, como algúns comentaristas dixeron ontem (Miguel Sousa Tavares na TVI), entregaron-lles un cheque en branco. A nivel popular ouví decir:" É a mesma merda, só mudan as moscas" Ao que outra lle respostou:" Sim, mas as outras vão cheias e a estas ha que as encher".
Salientar os dous deputados do Partido Popular Monárquico e 1 ou 2 do Movimento pela Terra que ían en coaligación co PSD.
Entre os pousos, a dimisión de Paulo Portas como presidente do CDS, a idea de que os resultados respaldan a decisión do P.R. Jorge Sampaio de convocar eleccións, a consolidación a nivel nacional do Bloco de Esquerdas, a marea negra do PSD, con fuxida de ratos, saídas de tonos e non recoñecimento explícito da derrota, a incertidume do que será capaz de facer o PS con esta maioría e a sobrevivencia dun partido,PCP e unha coaligación, CDU, que moitos daban por morta. Membros do PSD aínda continuan sen aceptar a disolución do Parlamento polo Presidente, acusan aos líderes Cavaco Silva, Durão Barroso e Marcelo Rebelo de Sousa, aos medios de comunicación social de campaña anti-PSD e até chegan a decir, foi o fenómeno de Madeira Alberte João Jardim, que non se trata dunha victoria dos socialistas, senón dos intereses e dos corporativismos de Lisboa. E Santana sem dimitir-se, ha quen diga que é para disputar a candidatura a Cavaco Silva como Presidente da República.
O PSD só gañou no distrito de Leiria e na Illa de Madeira. O PCP conseguiu a victoria no municipio alentejano de Avis, algo habitual.
Os partidos pequenos, aumentan todos en número de votos.As siglas corresponden as seguintes nomes:
PCTP/MRPP- Partido Comunista dos trballadores portugueses/ Movimento R
Revolucionario Popular.
PND- Partido Nova Democracia.
PH- Partido Humanista.
POUS- Partido Operário de Unidade Socialista.
PNR- Partido Nacional Renovador.
PDA- Partido Democrático do Atlántico.
O sentir da blogoesfera portuguesa:
mar_salgado,
bloguitica,
blogue_de_esquerdas,
blasfemias,
barnabe,
almocreve_das_petas,
troll_urbano,
causa-nossa,
portugal_dos_pequeninos,
pauloquerido
Escrito por Xisbe a las 21 de Febrero 2005 a las 04:33 PM