Os portugueses están moi orgullosos da sua gastronomía, consideran que é unha das millores do mundo. E, entre todos os alimentos, hai un que destaca: o Queixo da Serra. Este é, pois, un post para degustadores de queixo.
Está elaborado con leite cru de ovella de raza bordaleira da raza da Serra da Estrela, estamos falando de confección artesanal, na época que vai de Novembro até Abril, e o que axuda a calla-lo é o pó de pétalas dun cardo (cynara_cardunculus). Unha vez feito ponse-lle unha banda de lenzo tipo sábana polo redor, que se muda periodicamente, e pon-se a curar en estantes e madeira durante 45 días.
Segundo a Confraría o Queixo da Serra da Estrela:
A costra debe ser lisa, ben formada, fina, enteira de cor amarelo palla claro uniforme. A forma e a consistencia do queixo deberán ser regulares con abultamento lateral e un pouco na cara superior, sen aristas; consistencia semiblanda con algunha fluctuación. Son mate ou lixeiramente timpánico. A textura e a cor da pasta debe ser ben ligada, pechada ou con algúns ollos, medianamente amanteigada; cor branco marfil uniforme. O sabor e o aroma deben revelar un "bouquet" suave, lixeiramente acidulado.