Restorante

Nos últimos anos proliferan por moitas zonas de Galicia, aproveitando as romerías populares,unhas horrorosas mesas de tablas e estacas de eucaliptus cubertas cun plástico de ensilar negro que te podes atopar nos lugares máis insospeitados e que desde logo non están en harmonía coa paisaxe (case nunca). A foto amosa un destes enxendros pero neste caso, cando menos, tentaron poñerlle unha miga de orixinalidade e humor.Pódese admirar na desembocadura do rio Xunco, á altura da praia de Rueta en Cervo, Lugo.
O día da fotografía, o pasado 24 de Febreiro, arredor del había media ducia de sacos de lixo cheos que non quero nin imaxinar o tempo que levan alí agardando a ser recollidos.
Xélidos saúdos e unha aperta.
Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las 1 de Marzo 2005 a las 10:55 PM