9 de Marzo 2005

Lebre morta

carbocalc.jpg
Eis o producto da estupidez ou o descuido. Algo que ocurre máis veces no meu pais que o nacimento de un neno, algo que nos vai comendo a única riqueza que poseemos, a natureza. Non sei ben quen son os culpados, supoño que todos nós, por moito que se fale de políticos, pastos , madeiras ou inmobiliarias; como tampouco me interesan os números, tantas hectáreas, tanto diñeiro, tantos anos perdidos. Xa só me dá magoa ver o noso país máis obscuro e cincento, e saber que ese ecosistema coa sua biodiversidade está perdido para xa. Doe-me cando os media informan de tantas hectáreas e tanto diñeiro perdido porque non saben nin poden valorar as vidas perdidas. Esto que vedes debeu ser unha lebre, que o veterinario forense o desminta, que o lume apañou na cama hai uns anos na bisbarra de Ferrol. Escrito por Xisbe a las 9 de Marzo 2005 a las 04:48 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?