O correo trouxo excelentes novedades. Eva enviou-me un traballo científico de gran valor:La familia Orchidaceae en Galicia de C. Cortizo&E. Sahuquillo do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Universidade de A Coruña, publicado na Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía). 9: 125-158 (1999) - ISSN 1130-9717.
Aquí, de forma detallada expoñen as 36 especies de orquídeas atopadas en Galicia, con localización xeográfica, hábitat, altitud, época de floración e as referencias (herbarios e citas de outros estudosos). Moi completo.
Pouco a pouco e segundo as atopemos e fotografemos irán saíndo aquí.
Agradecía toda información similar sobre orquídeas de Galicia e Portugal, así como invito a todo aquel que queira publicar as súas fotos de orquídeas a por-se en contacto conmigo.
Gracias Eva.
...dime as que hai pola terra de trasancos/ferrolterra... e tentarei buscar algunha...
...ou mellor ainda, métote nun compromiso... cómo sabemos que esa flor que temos diante é unha orquídea?
Escrito por dorfun a las 14 de Marzo 2005 a las 09:50 PMSaudos:
Estou a buscar información sobre as orquideas en Galicia. Penso que atopei unha pon non sei como identificala nin clsificala. A fror é de cor rosa de pequeño tamaño, non chega o centimetro. E sae com de uns saquiños.
Escrito por Paeiro a las 20 de Abril 2006 a las 07:34 PMManda unha foto ao meu correo (está na páxina á dereita) e tentarei identificala.
Escrito por xisbe a las 20 de Abril 2006 a las 10:38 PMAtopei unha orquidea que tan so vira unha vez pola zona (Ribeira) de flores granates de 3 cm aprox, con agrupación en espiga. Ten a peculiaridade de parecer terciopelo e no interior das flores ten uns cilios de 2mm, que recubren toda a "lingua" da flor. Non sei a variedade e buscando non a atopo. Si poideses darme os nomes dalgunha similar agradeceríacho.
Escrito por XINZO a las 15 de Mayo 2006 a las 03:39 PMXa non fai falta que me digas, era a Serapias Cordigera L. Gracias de todos modos.
Escrito por xinzo a las 15 de Mayo 2006 a las 04:08 PM