A orquídea de onte é Barlia robertiana ou Himantoglossum robertiana ou Himantoglossum longibracteata, depende dos autores. Despois de revisar a miña documentación e non chegar a ningunha conclusión, subín a foto a Micologia.net e identificaron-a como tal.
C.Cortizo&E. Sahuquillo, autores do traballo do que falei estes días, falan de unha única cita en Galicia (Lugo.Pedrafita.Noceda-Merino 1909), e C. Aedo do libro que se está facendo, Flora Ibérica, dá-a como dudosa en Lugo.
A descripción que en flora Ibérica fan é: tallo groso verde de entre 20 a 80 cm., follas envainadoras, carnosas e lustrosas, inflorescencia de até 70 flores sésiles. Pétalos laterales lanceolados, obtusos e converxentes, e central máis largo e claramente bilobado, con duas cristas lonxitudinais na boca do espolón. Flor de rosada a purpúrea, as veces abrancazado con manchas purpúreas no centro e verdoso nas marxens, con espolón obtuso e recto.
En matorrais, pastizais, claros de fragas e dunas, entre 0 e 1100 metros , de floración entre Marzo a Abril (De Xaneiro a Maio, segundo as zonas). Esta estaba á beira de un camiño onde había matorrais e o substrato era calizo, na Serra D'Aire (Extremadura-Ribatejo).
Non se lle coñece nome galego específico, en castelán orquidea xigante e en portugués salepeira-grande.