Supoño que será Ophrys tenthredinifera, atopeina onte cando voltaba de vacio nun sitio por onde xa pasara. No meu descargo decir que non mide máis de 6-7 cm.
Os de Flora Ibérica non a dan como certa na Beira Litoral, teño as miñas dúvidas, descríbena como: tallo de 10 a 60 cm, follas basais ovadas, con 3 a 8 flores por inflorescencia, pétalos laterais triangulares, rosados rosado-purpúreos ou blanco-verdosos, labelo sub-cuadrangular a trapezoidal, de alaranxado a pardo-roxizo ou pardo amarelado, con pelos, con unha franxa marxinal amarela ou verdosa.
En pastizais, claros de matorrais en substrato básico preferentemente anque tamén en ácido. Floración entre Febreiro e Xullo. Altitude de 0-1000 m.
Teño as miñas dúvidas porque a foto dixital non é boa, xa veremos a outra, está a contraluz e penso que a flor aínda non está perfectamente desarrollada. Farei máis fotos mañán.
Escrito por Xisbe a las 18 de Marzo 2005 a las 07:03 PM