27 de Marzo 2005
Ophrys fusca
Tiven unha visita, esperada pero moi corta de tempo, que deu para facer algunha cousa interesante. Como non podía ser menos, tratando-se de Jmeijon e Eva, fomos facer fotos e atopamos esta Ophrys fusca entre outras moitas flores. Seis especies de orquídeas, todas novas para eles; iris, narciso, aristoloquia, gynandriris, e algunha outra flor por datar. Unha sorpresa para eles, que nunca viran tantas orquídeas diferentes, e un día especial para min que xa me tardaba. Foi pena non ter máis tempo para poder ir a outros sitios, e que poideran ver e fotografar as primeiras Ophrys luteas, que atopei hoxe moi perto de onde andivemos onte. Espero que volten pronto e eu poder devolver a visita para unha excursión a O Caurel e a Serra da Lastra.
Escrito por Xisbe a las 27 de Marzo 2005 a las 06:34 PM
que ledicia para nós poder contar co mellor anfitrión e en a penas un par de horas descubrir esa boa cantidade de orquídeas (e outras sps)
...¡¡ e como disfrutei deitado no chan húmido fotografando esas pequenas xoias vivas!! Obrigado.
Hei voltar
que sexa pronto e de vagar. Obrigado eu.