Visita relámpago a Óbidos da que tivemos que marchar porque chovía con vontade de non parar, practicamente non deu para ver nada, porque a pesares do paraugas íamo-nos mollando tanto, que entramos no primeiro restaurante, comemos e nos viñemos para a casa de volta con pena de non poder percorrer as ruelas e perder o tempo nas pequenas 'lojas de recordações'.
É unha vila-patrimonio, orientada ao turismo descaradamente, parece que estás dentro da postal, moi ben cuidada no aspecto externo, limpa e con fermosos xardíns, non permiten a entrada dos coches a non ser os que teñen 'dístico' (distintivo) e pola que levan pasado desde os homes do neolítico, os románs, arabes, xudeos e turistas de toda condición, ademáis de caseque todos os reis e raiñas de Portugal.
Fica pendente unha nova visita máis informados, con millores fotografías e con máis tempo para disfrutar e facer unhas compras de azulexos ou bordados, coa idea de ver tamén a lagoa de Óbidos, disfrutar da festa do chocolate ou probar a famosa ginja (licor de guindas) que venden en todas as tascas.
Escrito por Xisbe a las 2 de Abril 2005 a las 08:40 PMObidos é dos sitios em Portugal que gosto mais. Gosto muito das casas e do castelo.
Tou a fazer um mapa(nivel ou cenário) para um jogo que se chama Counter Strike, o mapa tem haver com Óbidos nomeadamente com o castelo.
Espero que entendam o que digo.
:D
Se precisarem de ajuda mandem um mail para: nunor_miranda15@hotmail.com