Flores dun amigo

¡Que agradable sorpresa recibir un correo de
Dorfun con fotografías de plantas que fixo nas fragas do Eume e perto do rio Belelle! Espera que llas poda identificar, casi, a Euphorbia é un tanto difícil para min, anque se cadra o Jmeijon nos axude, el sabe bastante máis.

A primeira é un Narcissus triandrus, de nome galego 'calzas de cuco', que se pode atopar desde marzo perto dos rios, como por exemplo o rio Escádebas onde o teño fotografado máis de unha vez. A segunda pertence as primuláceas, é unha linda primavera, unha das primeiras flores interesantes que se poden ver en Galicia desde fins de Febreiro, nos lugares húmidos. Primula acaulis ou primula vulgaris, descoñezo o seu nome galego si é diferente de primavera.

Esta última sei que é unha Euphorbiácea, e dentro delas unha Euphorbia, pero atreverse a por-lle apelido é demáis. En castelán coñecen-se por lechetreznas unhas moi parecidas.
Moitras gracias Dorfun, e xa sabes que como decía nun post anterior, no rio Belelle van aparecer as orquídeas (Epipactis helleborine) de aquí a pouco.
Clicade nas fotos para ve-las de maior tamaño.
Escrito por Xisbe a las 5 de Abril 2005 a las 01:03 AM