Epipactis
 
 
 Fai casi un mes atopei esta planta e inmediatamente pensei que se trataba dunha orqídea, fun-a visitando de cando en vez á espera de que bota-se flor e cheguei a pensar que se trataba de outro tipo de planta. Como ultimamente non atopo novas especies fun antonte onde vira o ano pasado a 
epipactis tremolsii, e anque me costou atopa-las, aínda estan pouco desenroladas, pareceron-me moito parecidas con esta.
 
 Onte voltei a ve-las, aínda sen flor, e cheguei á conclusión de que debe ser unha 
epipactis, fica só unha dúvida, serán 
tremolsii ou 
helleborine. Vede o aspecto que ten agora.
 

 A resposta de aquí a uns días cando volte por alá, si é que se decide a florecer.
 
 
 
 
 Escrito por Xisbe a las  1 de Mayo 2005 a las 07:08 PM