Van máis de 400 posts e un ano continuado de pór letras e fotos. Non sei o interés que terá para vos ( moito non) pero o importante é que o que escribe está disposto a continuar. Gostaría de dar-lle un lavado de imaxen pero nin sei o suficiente nin teño tempo para andar ás voltas con iso.
parabens por ese ano de regalos para a vista e para a mente e que sigan 400 posts máis, e otros 400...
Inda que a colaboración pola miña parte teño que recoñecer non é o todo o frecuente que eu mismo gostaría, adiante, que esta xa é unha visita obrigada practicamente a diario.
Obrigado pola parte que me toca e espero que este ano sexa máis compartido, así millorará un pouco.
...e se vostede non sigue... onde vou ver flores tan fermosas!?!?!? (entre outras cousas)
...moitas gracias, por seguir aquí...
Escrito por dorfun a las 26 de Mayo 2005 a las 11:00 PMAmigo Dorfun, moitas gracias polas suas palabras de ánimo e polas suas fotos.
Escrito por xisbe a las 27 de Mayo 2005 a las 01:24 PM