Como xa se pode supor polos posts anteriores non fomos á Serra da Lastra. En concreto eu levo máis dunha semán sen facer fotos. Esta xa ten case un mes, subín unha parecida a Micologia.net e Curro o entomólogo deulle un nome bastante raro ( todos os nomes científicos dos insectos son polo estilo), creo que o subeu á galería, polo que se alguén ten moito interés non ten mais que dar-se unha voltiña. O traballo que levan feito é esaxerado, e agora coa desaparición de Andoa, outro foro micolóxico, e o paso de moitos dos seus membros para Micologia.net pode ser definitivo para que se sitúe á cabeza entre os millores foros micolóxicos, e non só, de toda Europa.
P.D.:Fun ver o nome do insecto na galería: Strangalia nigra.
Escrito por Xisbe a las 23 de Mayo 2005 a las 09:00 PM