27 de Mayo 2005

Ophrys apifera

ophapifera.jpg O ano pasado atopamos nos xardíns do hospital de Coimbra ( foi a miña moza quen as atopou) unha morea de plantas de ophrys apifera, so atopei unha ou duas plantas fora de alí non foi fácil facer fotos porque non tiña cámara dixital e a Nikon da un pouco o cante, de feito tiven que dar-lle explicacións a un guarda de seguridade de que facía por alí. Este ano segan a relva do xardín con tanta frecuencia que é imposible que cheguen a florecer, só debaixo dunhas arbres ficaron algunhas intactas, algunha foi posteriormente arrincada por alguén sin respecto pola propiedade colectiva. Fora deste lugar atopei duas plantas, unha perto do lugar habitual onde vou ver orquídeas e outra perto de Montemor-O-Velho. Para min é a raiña das ophrys, de tallo máis groso e forte, labelo de maior tamaño, ten un porte máis distinguido. Escrito por Xisbe a las 27 de Mayo 2005 a las 01:48 PM

Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?