12 de Junio 2005

Outro fósil

fossil.jpg
Outro fósil. Este atopeino nunha vella canteira que agora serve de cimiterio de pneus, que é como aquí lle chaman aos neumáticos. é unha pedra de sedimentación tan mol que se desfai en lascas con só toca-la, casi imposible obter un fósil enteiro porque escacha á mínima. Escrito por Xisbe a las 12 de Junio 2005 a las 08:55 PM
Comentarios

fósiles... neumáticos vellos... igualiño que a campaña electoral a día de hoxe.
Non me atrevera a mandar esta foto por carecer de calidade, supoño que a subín ao flickr nun intre de carencia. A historia desta planta é que foi o único exemplar atopado, bastante deteriorado como se pode apreciar e nun día en que non paraba de chover (a molleira foi boa), polo que, espero, se disculpará o resultado.
Un saúdo e A BOTALOS

Escrito por canteiro a las 12 de Junio 2005 a las 11:44 PM

Espero que ese outro fósil ao que te refires non se perpetue e fique tan ben para a historia como este, que a pesar da fraxilidade aínda se conserva fermoso. En canto ás fotos, son orquídeas galegas e se esperamos por fotos millores cando nos demos conta é o ano que ven, asi que, agora esto e despois xa se verá.

Escrito por xisbe a las 14 de Junio 2005 a las 12:24 AM

Hola.
Acabo de atopar o teu blog e xa está en favoritos :)
Vivo fora, e cando volvo a Galicia sempre ando detrás dos bichos e as plantas, pero os fósiles nin me molesto a pensar neles porque xa dou por imposible atopar un bon sitio alí porque o tipo de rochas non axudan moito ¿Onde é que diches con este?
Graciñas...

PD: penso que teremos que esperar 4 aniños máis para ver a outro de presi :(

Escrito por chousas a las 20 de Junio 2005 a las 01:37 AM

Nin este nin o outro do que falaba hai uns meses os atopei en Galicia. Vivo en Coimbra e foi nos arredores que os atopei. En Galicia con un solo tan ácido é difícil, so nas zonas calizas, algo dos concellos de Mondoñedo, As Nogais, Becerreá, Quiroga, O Caurel ou a zona de Valdeorras en Ourense. Con todo non son o máis indicado para decirche nada disto porque non entendo.
O outro fósil entrará no museo calquer día destes, o que non sei é si o veremos nós. Un saudo e benvido.

Escrito por xisbe a las 20 de Junio 2005 a las 03:29 PM

valla mierda de pagina

Escrito por imanol a las 8 de Marzo 2007 a las 07:30 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?