20 de Junio 2005

A viaxe

amorodo.jpg
Finalmente fixen a viaxe a Cruzul e á Serra da Lastra. Non conseguimos os obxetivos propostos: fotografar orquídeas porque non había, só Anacamptys piramidalis que teño fotografado aquí tantas veces. O millor da viaxe: os amigos e os amorodos ( Fragaria vesca ), fragantes e deliciosos, quen non os comeu non coñece o verdadeiro sabor dos morangos. Demo-nos un pequeno banquete. Polo demáis un calor asfixiante e unha sede grande, unha paisaxe fermosa, gostei dos castiñeiros centenarios de Cruzul e da sua fraga de aciñeiras e da parede sobre o río Entoma en Vilardesilva que poñerei aquí un día destes. Para rematar tantos kilómetros e turismo rural de observación vexetal, un bocadillo espléndido no Soborvila, en Outeiro de Rei e unha morea de fotos para sacar aquí aos poucos. Escrito por Xisbe a las 20 de Junio 2005 a las 12:32 AM
Comentarios

Esa parte da provincia de Lugo é moi fermosa. Sempre que a vexo cando paso pola autovía penso que teño que parar alí algún día.
Plantei Fragaria vesca no meu xardín, pero raramente estou alí para o tempo e ainda son pouquiñas :(
Son de Guitiriz, xa vin que falabas do Forxá e dos Sete Muiños...

Escrito por chousas a las 21 de Junio 2005 a las 03:24 AM

Esa tamén é a miña terra. Saudos paisano, espero verte na festa de Pardiñas.

Escrito por xisbe a las 21 de Junio 2005 a las 07:52 PM

Por suposto, cada ano por alí ando ¡Don Alfonso foi quen me bautizou e todo!

Escrito por chousas a las 22 de Junio 2005 a las 01:49 AM

Ese non é santo da miña devoción, sintoo.

Escrito por xisbe a las 22 de Junio 2005 a las 04:06 PM

Jajaja meu tampouco, pero é quen empezou coa movida así que... ;)

Escrito por chousas a las 23 de Junio 2005 a las 01:26 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?