Dactylorhiza caramulensis
O post de onte sobre a
Dactylorhiza maculata animou-me a ir á
Serra do Caramulo, a buscar a
Dactylorhiza caramulensis, unha variedade (ou subespecie) da anterior, endémica de Portugal (os de
orquideasibericas poñen unha foto dun exemplar fotografado en Ávila). Alá fun hoxe pola mañan ver si a atopaba. Foi casi chegar e encher, a pesar da miña desconfianza ao ver tanto piñeiro. Unha vez feitas as primeiras fotos fun até o punto máis alto, o Caramulinho, a 1094 m. de altitude, despois de acabarse as pilas da dixital e pouco despois as da analóxica, non por tirar moitas fotos senon porque estaban case nas últimas, aínda ben que poiden facer algunha coa Fuji senon hoxe non había foto. A subida até o cumio por unhas escadiñas labradas no granito foi extenuante, pola inclinación, o peso da mochila e a calor asfixiante.. Alá arriba agardaba-me unha sorpresa en forma de bolboretas, de gran tamaño: 3
macaóns,
unha podalirio, a terceira teremos que esperar polas fotos, moi grande de cor marrón coas beiras das azas de cor laranxa,
tal vez esta, e moitas outras non tan espectaculares. Só poiden facer un par de fotos coas azas pechadas.
A flor, como se pode ver é moi parecida á que puxen onte, se cadra o labelo sexa un pouco máis estreito e as escotaduras centrais un pouco máis marcadas. A planta é un pouco máis alta e estilizada, coa inflorescencia con maior número de flores e de forma máis cilíndrica que cónica, aparecía nos prados húmidos (atopeina en tres ou catro sitios).
Escrito por Xisbe a las 21 de Junio 2005 a las 11:43 PM