28 de Junio 2005

A vella vaise, adeus PP non voltes

Desde onte comenza un novo ciclo político en Galicia coa saída da dereita cerril do goberno, os que entran non o teñen nada fácil porque o PP deixou ben amarrados moitos postos no poder e será tan difícil bota-los como sacar o piche das praias. Van a usar toda a marrullería e xogo suxo que tan ben saben facer e tamén se van dar de cornos moitas veces porque non saben o que é estar na oposición. Esperemos que as cousas milloren, aínda que só sexa porque ir a peor non é posible si eles non están, pero non confío no máis mínimo en PSOE e BNG.

Escrito por Xisbe a las 28 de Junio 2005 a las 05:10 PM
Comentarios

Cada vez hai reunión de veciños e vexo as trifulcas que se montan penso no difícil que será governar un país. ¡Que a esperanza nos manteña vivos!
Un saúdo compañeiro.

Escrito por Paco Penas a las 29 de Junio 2005 a las 03:12 AM

Chousas:No meu caso mais que alegría sentín alivio, 4 anos máis eran sobexo. Agora vamos dar unha marxe de confianza a estos , que teoricamente para min non a merecen. Pero non temos outra cousa a non ser a nosa disposición para poñe-los a andar polo bon camiño.
Paco:Face-lo peor é difícil, o PP o que facía era manter o poder e desgobernar. Son un pouco ácrata e creo que nos iba millor sen "gobernantes"
Un saudo aos dous.

Escrito por xisbe a las 29 de Junio 2005 a las 07:19 PM

Alivio pode se-la palabra, alivio de librarse dunha maldición que estaba a durar demasiado, unha especie de mal soño imposible de superar, eu pensara que iamos espertar hai tres anos cando o Prestige, a ver si agora e certo.
E o mellor do próximo posible goberno, e que non hai maiorías aplastantes e as tentacións estarán máis contidas.
De todos xeitos, é de celebrar, e brindo por que o tipo se vaia cunha derrota (por máis que o negue) non merecía nada mellor.
Saúdos e por fin algo de esperanza

Escrito por Anonymous a las 29 de Junio 2005 a las 11:19 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?