As televisións portuguesas, se cadra é millor decir as audiencias portuguesas, están infectadas por un virus chamado: Telenovelas de O Globo. Tanto a pública como a privada están invadidas en calquer horario por estas series de capitulos centenarios e que ao parecer teñen un share maior do que calquer outro tipo de programa.
A temática varía pouco de este esquema: Que guapos e que malos son os ricos e que desgraciados, pero finalmente vencedores, os pobres, aderezado como non podía ser de outra maneira por fermosos actores e increibles historias de amor e odio.
Nada que sexa moi diferente do que acontecía en España coas telenovelas venezolanas, colombianas ou mexicanas, supoño que aínda continuan. Se a isto lle sumamos fútbol e concursos coa consabida información manipulada polo partido de turno, temos o menú alienatorio completo. A culpa non é toda deles, ten moita quen se acomoda e non se busca a vida.
As cousas aquí na "pele de touro" aínda continúan cheas de telenovelas venezolanas e reality-shows de merda... a televisión é una das máis grandes enfermedades da mente e a sociedade moderna.
Para sorte nosa, que prefirimos o campo... deixa que eles vexan a televisión e nos, a paisaxe... ou non?
Escrito por sansara a las 20 de Julio 2005 a las 12:50 AMDa TV, aínda que pouco, tamén se pode aprender calquer cousa, pero nada como un paseo no que atopas calquer cousa(animal, planta, vista)que te sorprende ou che parece fermosa. Xa o din os vellos, nada como ao natural.
Escrito por xisbe a las 20 de Julio 2005 a las 04:26 PMHai pouco lin por aí un comentario de Groucho que dicía que "a televisión é moi educativa, sempre que alguén a pon vou á habitación do lado a ler un libro" (máis ou menos, vai de memoria).
Xa hai moito que non teño demasiado tempo para perder diante da TV (agora o perdo aquí diante da pantalla jeje) e a verdade é que non o lamento.
O peor é que se poñen merda e máis merda é porque eso é o que vende así que... somos raros... ¡pero a moita honra pola miña parte! ;)