11 de Agosto 2005

Pardiñas, outra do mesmo.

DSCF2532 copia.jpg
Xa pasou Pardiñas polos nosos corpos, polas nosas almas menos desde o meu punto de vista. Fai-se aburrido e pouco atractivo a falta de verdadeira calidade nos grupos musicais ou noutras manifestacións artísticas, ou a cultura da embriguez meteórica para andar arrastrado ou agresivo o resto da noite, ou o exceso de celo policial con tanto control Corcuera. ¿Meter os cans nas tendas de campaña é legal? ¡¡¡Compre un cachiño de ceu en cómodos prazos hepáticos!!! Escrito por Xisbe a las 11 de Agosto 2005 a las 01:41 AM
Comentarios

É verdade que a cousa poderia mellorar bastante.
Non direi moito da bebida, porque son o primeiro de pillala por Pardiñas (no chigre de Xermolos, claro...). Pero sí que é unha mágoa que moitos non vaian alí máis que a encherse.
Penso que se tiña que buscar un pouco máis de "personalidade" ó Festival, porque os grupos a veces son tan distintos que faise difícil saber a qué tipo de Festival estás a asistir.
E sí que este ano houbo bastante picoleto por alí...

Escrito por chousas a las 12 de Agosto 2005 a las 01:58 AM

O festival estaba de capa caida, deprimido, non sei se pola mudanza ou polo hastío da repetición. Vamos ver que pasa.

Escrito por xisbe a las 12 de Agosto 2005 a las 11:52 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?