Tres tristes trucos 2

Este é máis rápido. ¿Ante unha foto subexposta que facer?. Deita-la ao lixo e facer outra, e se non podes...pois a ver se che serve.
Vas a PHTSHP, abres a foto, duplica-la capa e na paleta
capa, ( eu teñoa abaixo á dereita), trocar o modo de fusión de
normal para
trama. Se non se aclarou o suficiente duplicade a capa de cima tantas veces como queirades, iso si, o contraste e algo máis pode ir polo río abaixo, (ao caralho para os máis finos) e ademáis aparecerá destacado o
ruido dixital.
Post de ozzo pespae.
Escrito por Xisbe a las 20 de Agosto 2005 a las 12:17 PM
O ruido dixital non é problema ninguén!!!.
Encontrei na rede "Noiseware Community edition", é un programa freeware para eliminar o ruido (dixital ou non) das fotografías... e o resultado.... é fantástico! :D