23 de Agosto 2005

Arde Coimbra

fume_c.jpg
Literalmente. Tres casas ardidas, fincas, enseres, algún coche, persoas intoxicadas por fume. Tres frentes rodearon a cidade e en algún momento penetraron nas ruas da perifería, ardeu o 80% da mata nacional do Vale de Canas. O espectáculo desta mañán coa cidade baixo unha espesa capa de fume, cinza e follas queimadas de eucalipto por todos os lados, era para meter medo e para sentir a impotencia ante un lume descontrolado. Dois erros se sinalan, a mala xestión da floresta e a incapacidade dos servicios de extinción ( por falta de condicións, defectos de estructura e mala organización). Habería que engadir a falta de conciencia social e a ignorancia do que representa o bosque e da sua riqueza (non só a material). Vainos sair moi caro. Escrito por Xisbe a las 23 de Agosto 2005 a las 01:39 AM
Comentarios

Algo falla... e moi seriamente.
¿O lume tan preto da cidade? Espero que polo menos ver o demo rodeando a poboación sirva para despertar máis conciencia sobre os incendios.

Escrito por chousas a las 23 de Agosto 2005 a las 02:36 AM

Quen ten interese en que todo se queime. ¿Os que gañan apagando o lume? Disto e da actuación dos populares (a xente de a pé)é do que máis se fala por aquí.

Escrito por xisbe a las 23 de Agosto 2005 a las 09:00 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?