Hai quen pensa que non existe foto dixital que non precise enfoque, até hai quen di que as fotos escaneadas precisan de retoque para enfoca-las.
Hai moitas técnicas de enfoque, simples e moi complicadas. Vou falar da m&ascara de enfoque, algo que todos debedes de usar porque é cousa de párvulos. Abrir a foto no PHPSHP, debe estar a 100%, selecionar filtro---enfocar---máscara de enfoque. Na xanela aparecen tres barras de control: Cantidade, Radio e Umbral. De unha forma xeral a cantidade debe estar entre 50 e 150, abaixo de 50 nin se nota, acima de 150 nota-se demasiado. O radio debe andar perto do 1, 2 xa é moito. O umbral entre 3 (moito) e 20 (pouco), menos de 3 aumenta moito o ruido.
O enfoque tamén dependerá do motivo fotografado.
Unha configuración todoterreno, que se pode aplicar duas veces pode ser: Cantidade =85, Radio =1, Umbral = 4. Un enfoque para motivos de bordes definidos (casas ou coches...), ou para grandes desenfoques sería: Cantidade= 70, Radio =4, Umbral= 4. Se o que se precisa enfocar ten bordes suaves, usa uns números parecidos a estos: Cantidade=150, Radio =1, Umbral=10. Agora que como en todo navida, experimentar e que cada un tome a sua configuración.
E ollo co ruido, por moito que Sansara diga que iso non existe.
Post de ozzo pespae
Escrito por Xisbe a las 27 de Agosto 2005 a las 02:44 PMEh! O que eu digo é que o ruido existe!!! Somentes que co o Noiseware das narices é trivial (no sentido de fácil) deixar a foto sen ruido! ;)
Escrito por sansara a las 2 de Septiembre 2005 a las 07:21 AM