22 de Septiembre 2005

A libreta

Xa fai moitos anos, a primeira debe ser do ano 1980, que compro libretas de bolsillo de pastas duras, para ir anotando ou non, ( ás veces fican sen unha liña escrita), o que me ven en gana. Casi sempre da marca Miquelrius. Hoxe caín na tentación, ou foi a envexa, e comprei unha Moleskine, tan de moda polos foros blogueiros. Un pouco tonto fun, pero o caderno tampouco está mal, e até dá para facer aguadas ou acuarelas polo tipo de papel que ten, a ver se me inspiran porque caras son un bocado. Como supoño que saberedes, son libretas con historia. Algún que outro pintor ou escritor utilizaro-nas para os seus apuntes. Hai diversos tipos como se pode ver nesta ligazón. Os verdadeiros fabricantes desapareceron hai uns anos e agora debe de haber máis dunha empresa que os fai.

Escrito por Xisbe a las 22 de Septiembre 2005 a las 10:46 PM
Comentarios

É gracioso o que dis...

http://www.lume.org/weblog/2005-06-27/el-sindrome-de-la-libreta/

Ahí tes unha ligazón ó meu blog, falando do mesmo...

(e a recomendación nos comentarios das libretas Moleskine, que eu coñecí entón...)

Casualidade... ;)

Apertas

PD: Ah, Acerca da arbre, nin idea... xa mirei na miña guia e non o recoñecí... xa preguntarei polos foros...

Escrito por Sansara a las 22 de Septiembre 2005 a las 11:23 PM

Xa leera o teu post pero tiñao esquecido. Está moi ben.

Escrito por xisbe a las 22 de Septiembre 2005 a las 11:58 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?