Sablazo
Estaba na Praça 8 de Maio facendo unhas fotos a un par de vellos cando vin pasar este individuo atrás dunha muller, reclamando máis que pedindo, que lle tiña que comprar unha escarapela vermella desas do SIDA. Penso que non lla comprou. Pouco máis tarde vexo-o á porta da igrexa da Sta. Cruz, exixindo-lle a unha monxa que lle comprara unha, non estaba ao pé deles pero polos acenos do home non parece que houbera dúbidas, polo que fun achegando-me rápido, e comprobei que o que a monxa lle daba non parecía suficiente e non parou até que lle deu o que pedía. Sablazo.
Escrito por Xisbe a las 24 de Septiembre 2005 a las 01:29 PM