22 de Octubre 2005

Máis bicis.

bike.jpg

Falaba o outro día de bicicletas e hoxe volto co tema despois de ver as novedades. Non sabía que había Bicis Porsche (ata € 4.300), Cadillac, BMW, de bambú, de carbono, aluminio, titanio, hasta de merengue si fose preciso (que non me lean os do Madrid), de todo vamos. A miña preferida desta vez é esta da imaxen. Hoxe con unha bici fanse cousas parecidas as de calquer deporte de risco, basta ver esta imaxe ou algunha outra neste foro. O outro día vendo un video de freestyle pensei en voz alta: "Millor que non poñan isto pola televisión porque senón van tolear os pais." As loucuras que facían con descensos salvaxes a toda velocidade, saltos de grandes alturas..., era para meter medo. Escrito por Xisbe a las 22 de Octubre 2005 a las 08:29 PM
Comentarios

Os rapaces na aldea non tíñamos bicicleta. Era unha aldea, como todas pobre. Nun vran, o meu amigo Manolo que vivía en Baracaldo, trouxo unha e xa con doce ou trece anos era como se a minha torpeza por aprender a andar nela arraigara non cadrís. El amarrábame por detras e me soltaba deseguida, cando eu viraba o pescozo e vía que ninguén me amarraba caía como un saco, anque antes xa tivera recorrido cen metros.
Bueno xa ves que comento poucas veces, pero cando o fago...jeje
Un saúdo e no camiño nos veremos.

Escrito por Paco Penas de Dorvisou a las 23 de Octubre 2005 a las 12:40 PM

Aprendín aos 7 anos ás escondidas, useina moito uns anos e desde entón practicamente non a voltei a tocar. Agora ando a pensar en dar unhas pedaladas pero a estrada,os coches, impóñenme moito respeto. Gracias pola visita e o comentario Dorvisou.

Escrito por xisbe a las 23 de Octubre 2005 a las 10:48 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?