12 de Noviembre 2005

República galega

100 dias de goberno socialista-nacionalista (sen abreviaturas para que non haxa confusións), 100 dias sen substancia como si no se derán sacado de riba os 20 anos (ou os que sexan por que para min foron unha eternidade) de desgoberno pepeiro, de populismo a esgalla e a poder ser con empanada "y que hay de lo mio". Estes non se menean e tal como me parecía non teñen grandes ideas ou grandes capacidades. 100 dias sosos, como son Touriño e Quintana, 100 dias de ollar de esguello o que fan os outros ou ollar aos outros para ver se non están ollando. Paciencia a ver se chegamos aos 200, ou millor aínda, fora estes e mais os outros e veña unha verdadeira república galega federada, confederada ou como a queirades cociñar, pero con substancia e proveito para o noso país, que me dá igual que sexa nación ou realidade nacional ou comunidade histórica culturalmente diferenciada.

Escrito por Xisbe a las 12 de Noviembre 2005 a las 12:39 AM
Comentarios

parece tal que unha pasaxe dunha novela de Asimov ou Philip K. Dick máis que de Verne... pero está ben ter ilusións.
P.D. moi dosificados chegan os posts

Escrito por canteiro a las 12 de Noviembre 2005 a las 01:57 AM

A mín ainda que non chegue a República pero se mellore a situación do país xa me chega. A ver se se poñen a traballar en serio ¬¬'
Ademáis, mellor que se dosifique a cousa ¿non?
Senon vailles dar un ataque ós que xa sabemos de tanto berrar e advertir do fin de España XD

Escrito por chousas a las 12 de Noviembre 2005 a las 04:17 AM

Nin Asimov nin Phillip nin gaitas, moito menos de Cunqueiro. Non parece estar na vontade dos galegos gastar un minuto en millorar o colectivo pero está na miña, como xa lle dediquei tempo e obra e non conseguín moito agora adícome a aspaventar faíscas a ver se prenden ideas nalgún miolo. Hoxe xa non teño nin presa nin moitas esperanzas pero por botar a burra a pàcer non ha de deixar de ser. O falar non ten cancelas, non é preciso que vo-lo diga.
Os posts son poucos...se aínda fosen bons...

Escrito por xisbe a las 12 de Noviembre 2005 a las 09:33 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?