24 de Noviembre 2005

Y tu más

O PP ante o conflicto trata de atordoar ao contrario, trata de embestir, as palabras non lle serven a non ser que sexan de pedra, so respostan de maneira infantil:« ...Y tu más ». No noso país están tan pouco acostumados a ser oposición que confunden os termos e se manifestan no Parlamento en vez de discutir as propostas. Moito, pero que moito diñeiro debe haber nesas 200 obras aprobadas polo goberno de Manuel Fraga e anuladas polo actual. Hai moitos anos un alcalde de CG-Coalición Galega- dun pequeno concello do interior explicoume como era iso das obras. Ao seu concello non lle aprobaban obras e cando reclamab pola necesidade de tales operacións a resposta que lle daban era: muda de partido e ven connosco verás como che aproban as obras.
Xa sei que non estou decindo nada novo pero podédesme crer que foi así. Por certo; o home acabou por mudar para o PP.

Escrito por Xisbe a las 24 de Noviembre 2005 a las 01:21 AM
Comentarios

De república bananeira ¬¬'
¿Como se poderá cambiar iso?

Escrito por chousas a las 24 de Noviembre 2005 a las 02:42 AM

Está na nosa man. se conseguimos que pasen uns cantos anos na oposición teñen que acabar por adquirir cultura política. O desespero por ter perdido as eleccións e como o da viuva que ficou sen marido de súpeto. ¡Como gostaría que ficaran en anacos!

Escrito por xisbe a las 24 de Noviembre 2005 a las 03:43 PM

¡Aiii...ese alcalde non sería de apelido Codesido e de nome Ignacio!

Escrito por Paco Penas de Dorvisou a las 25 de Noviembre 2005 a las 01:43 PM

ou de apelido Canda e nome Jorge e que muda do PSOE ao PP, ou tantos outros que todos poderíamos citar...coma dicía non sei quen "eche o que hai"... de momento

Escrito por canteiro a las 25 de Noviembre 2005 a las 04:18 PM

De apelido Mato, o nome non me lembro. A identidade non é o importante, debe de haber centos. Tamén me dixo como se facía cos presupostos.Unha vez concedidos, había que deixa-los dormir no banco para que deran intereses e logo pasar estes ao partido. Co tempo o presuposto ficaba obsoleto e había que pedir máis. Isto ha 20 anos agora supoño que haberá técnicas máis sofisticadas.

Escrito por xisbe a las 26 de Noviembre 2005 a las 12:18 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?