Pario parir, producir.
estar conectado á internet é expoñer -en certa medida- o teu ego sobre o medio, ben sexa con accións concretas, ben como marcas deixadas nun ronsel.
Capio tomar, apoderarse de.
navegar tamén é apropiarse do que encontras na travesía. facer propio en exclusividade.
Cupio desexar, interesarse por.
navegar é desexar, procurar un medio para alcanzar algo até o extremo de querer coñecer os mínimos detalles.
Specio mirar.
descubrir internet é unha experiencia baseada no visto e no oído.
Estas reflexións previas pertencen a Lantania, -en Definio, cuestións básicas-, nunha das páxinas do seu blog e parécenme moi acertadas.
Está de actualidade este blog,- xa existe a páxina desde o 2000-, pelo mapa de blogs galegos que esta facendo e da que saiu xa a fase Beta. En suma, algo máis que un blog, moi interesante o seu traballo Pario.
Que en estas festas, a máxia sexa a túa mellor traxe, o teu soriso o mellor agasallo, os teus ollos o mellor destino, e a túa felicidade o meu mellor desexo.
Dark kisses
Que pasa Xisbe? Xa non traballas para nós?...atopei o teu blog en branco e case negro.
Boas festas i en Xaneiro volta. E moi importante seguir sumando e respirando...
Non se perde nada Paco. Estou adicando o esforzo a outras cousas porque non acabo de ficar contento co resultado disto. Irei publicando cousas moi de vagar para que non me pechen o blog por inactividade e esperar o tempo das flores
Unha aperta.
Non se perde nada Paco. Non acabo de ficar contento co resultado disto. Estou adicando esforzos a outras cousas. Publicarei de vagar para que non me pechen o blog por inactividade e esperar o tempo das flores a ver si facemos fotos porque ha tempo que non saio a fotografar.
Escrito por xisbe a las 1 de Enero 2006 a las 08:14 PM