Post de Jmeijon.
Escrito por Xisbe a las 10 de Enero 2006 a las 06:39 PMEn Fonsagrada chamábanlles "borrachiños" porque realmente poden ser embriagadores si se comen moitos. Non teño idea de cando maduran, sei que entón son vermellos. Xa fun a Xián cando traballaba en Taboada, bon sitio á beira do Miño, viviron moito tempo da pesca no río até que fixeron o embalse, alí coñecin un vello espectacular, había que ve-lo aos seus oitenta e tal anos camiñar a bon paso desde Xián até o cruce coa estrada de Lugo-Ourense, ¡Quen me dera chegar así aos seus anos!
Case que non saio facer fotos, tentarei poñer as que atopo interesantes na rede.
Teóricamente maduran en outono...
A mín non che me acaban de gustar, os froitos son demasiado ásperos.
O que tiña entendido que máis que embriaguez causan "problemas" no servicio XD
En Carballedo hai unha parroquia de nome Erbedeiro, que ten que ser terra de érbedos. En Ourense tamén hai o erbedelo, relacionado con érbedo e non con herba.
Escrito por Anxo a las 12 de Abril 2009 a las 01:18 PM