Vai unha de paxaros, agora que está de moda o tema das
aves (desgraciadamente) polo da influenza aviaria que parece está a
chamar nas portas de occidente.
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) que, contrariamente ao que
moita xente cre, ten unha boa distribución polo interior, chegando a
poboación invernante en Extremadura a supera-los 12000 exemplares en
2003 (datos do 2º censo nacional). En Galicia pódese ver en moitos dos
ríos das catro provincias, ademáis, lóxicamente, da costa.
Esta fotografía foi tomada (06.02.2006) nas Lagoas de Riocaldo.
Begonte. A escasos 20 km da cidade de Lugo, onde existe un durmidoiro
con até 120 individuos. A "caperuza" branca e a mancha da mesma cor no muslo indícannos que se trata dun adulto coa plumaxe nupcial.
Agora que vexo de novo esta foto veume á cabeza... ¿Sabedes que foi finalmente do arao co tema do Prestige? ¿Acabouse para sempre non? :(