Pola forma parece pero ese color é un pouco extraño.
Escrito por xisbe a las 13 de Marzo 2006 a las 11:59 PMUnha moi semellante téñoa visto en prados pola nosa bisbarra ¿É de por alí?
Escrito por chousas a las 17 de Marzo 2006 a las 02:25 AMHai unha parecida, con flores (tres xuntas, de cor maxenta ou tirando a vermello, que se atopa máis ben nas sebes ou á beira dos camiños, é a Linaria triornitophora. A ver si Jmeijon ten algunha foto decente e no-la pon.
Escrito por xisbe a las 17 de Marzo 2006 a las 03:56 PMNa foto non se aprecia e non comentei nada ó respecto, pero de podelas ver as dúas ( esta e a L. triornitophora), mentres na última as flores non é raro que midan uns 5 cm, incluído o espolón, a primeira a penas acada 1,5 cm, en ningún dos exemplares que vin e a planta enteira uns 10/15 cm, mentres a L. triornithophora sobrepasa con facilidade os 50.
Agora non teño tempo pero procurarei buscar algunha foto.
¡Sí, xusto! ¡É a Linaria! Graciñas polo nome, xisbe :D
Escrito por chousas a las 18 de Marzo 2006 a las 01:34 AMEsquecíame, a foto foi tomada en Vilardesilva. Rubiá. Ourense.
Escrito por canteiro a las 18 de Marzo 2006 a las 01:35 AMOla:
Buscando no google atopei neste blog algo que andaba a mirar. Tentaba clasificar esta pranta que teño visto algunhas veces (foto en http://toxeira.dnsalias.org/albume/main.php?g2_itemId=945)e a única pista era a da Linaria triornitophora. Vexo que outras persoas andandes con teimas parecidas.
¿Non é esta a pranta da que fala xisbe?
A que ven na páxina da que falas casi seguro que é L. triornitophora, esta aínda non fomos quen de identificala e pola foto penso que ningún botánico se atrevería. Son moitas e moi parecidas,o tamaño e a forma das sementes (discoideas ou non discoideas), a forma das follas, o tamaño da corola ou do espolón axudan a identificalas. Non é facil, polo menos para min. Saúdos e benvido, xa ves que ollando para atrás atopas outros máis teimosos, ou tolos ou manías...
Escrito por xisbe a las 12 de Septiembre 2006 a las 12:15 AM