Tomares ballus
Chove a Deus dar ou chove de carallo ou ¡mima cómo chove!. Coimbra xa non se lembra de tantos días de chuvia xuntos, até me regalou un par de días morriñosos, grises, de orballada como se fosen días galegos. Chovendo e todo fun ás fotos e algo apareceu, orquídeas case todas as posibles aquí, só faltou a Ophrys apifera e a Scolopax (proximamente falaremos desta e do que dixeron en Micologia.net).
Para abrir boca unha bolboreta, de nome Tomares ballus, identificada polos micólogos
Escrito por Xisbe a las 1 de Abril 2006 a las 01:01 AM